Evento: Ultranoite no país dos ananos

Ultranoite no país dos ananos
sábado, 18 outubro, 2014 - 20:30
Multiusos da Xunqueira,
Redondela

Ultranoite no país dos ananos

Espectáculo co humor retranqueiro da compañía Chévere

Creación colectiva de Chévere

Elenco: Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, César Goldi, Mónica García,

Arantza Villar, Xron, Xacobe Martínez Antelo, Max Gómez Parada, Manuel Cebrián.

 

O País dos Ananos é unha viaxe retranqueira e musical que facemos a través da Ultranoite ao tempo e ao lugar que nos tocou vivir. Podémolo chamar Galicia se queremos. Un lugar definido polo despilfarro do presente, o cinismo das clases dirixentes e o fin da esperanza nun futuro mellor. Para retratar esta terra humillada polo asfalto servímonos da compañía de dous autores emparentados polo seu mal humor e un lirismo tan afiado como insultante: Jonathan Swift e Celso Emilio Ferreiro. Diante deles nós somos simples aprendices. E seguramente esta Ultranoite é unha marcianada máis propia da Serie B. Pero somos honestos, só un cheiro satírico pode facer respirable un réxime tan corrompido.

 

Esta Ultranoite no Pais dos Ananos é como un 2x1, ten un estómago e un corazón. Co estómago na man fixemos uns sketches inzados de tópicos, chascarrillos e lugares comúns cun aire de festival de fin de curso, para ceibar unhas risas cómplices. A corazón aberto ofrecemos unha presa de músicas e cancións sen lugar para esperanza, pero dun lirismo, unha beleza e unha contundencia incomprensiblemente arrebatadoras.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

pum_pum_quen_hai
Pum Pum, quen hai?
9 de abril, 10:00
Fórum Metropolitano - A Coruña - A Coruña
pum_pum_quen_hai
Pum Pum, quen hai?
9 de abril, 12:00
Fórum Metropolitano - A Coruña - A Coruña
alta_costura
Alta costura
9 de abril, 20:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo
La desconquista
La desconquista
10 de abril, 20:00
Auditorio Municipal - Vigo - Pontevedra