Evento: Novas formas de produción
Novas formas de produción
AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes) celebra unhas xornadas dedicadas ao Audiovisual.
Baixo o título Novas formas de produción trataranse temas como: Crowdfounding, Transmedia e net strategist e Branded content.
Esta xornada está subvencionada polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e conta co apoio da Fundación Cidade da Cultura, Xunta de Galicia e EGEDA (Entidad de Gestión de Derechos de los Productores Audiovisuales).
O acto levarase a cabo no Auditorio 2 do Edificio CINC da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela o día 23 de febreiro, en horario de 10:00 a 14:30h.
As xornadas darán comezo o día 23 de febreiro ás 10:00h e a inauguración e presentación dos relatores correrá a cargo do socio de Agapi, Jose Antonio Velo, da empresa Astrágalo Studio. A primeira ponencia (10.30-11.30h) CROWDFOUNDING estará conducida por Jesús Prieto Sacristán (Abogado, consejero CREA SGR). A continuación, (11.30-12:30h) seguirá un foro co tema TRANSMEDIA E NET STRATEGIST, a cargo de Elena Neira (Consultora marketing, redes sociais e tecnoloxía) e Berni Melero (CIO Knowdle Media Group). Despois dun breve descanso, a xornada continuará coa intervención sobre BRANDED CONTENT que contará unha vez máis coa intervención de Elena Neira (Consultora marketing, redes sociais e tecnoloxía) e Berni Melero (CIO Knowdle Media Group).
A xornada chegará ao seu fin con un debate aberto cos asistentes. A entrada é gratuíta.
Prégase confirmación de asistencia no correo electrónico: prensa@agapi.org antes do vindeiro 20 de febreiro.



