Evento: Frauta con Xosé Liz

Frauta con Xosé Liz
sábado, 11 febreiro, 2017 - 10:00
Centro Sociocultural da Trisca,
Santiago de Compostela

Frauta con Xosé Liz

Frauta nas músicas populares europeas

O multiinstrumentista Xosé Liz imparte este curso monográfico de frautas traveseiras na música folk.

O obradoiro proposto versará sobre técnicas e repertorios deste tipo de frautas na música tradicional galega contemporánea.

Detalles:

Duración: 4 horas

Prezo: 35 €

Data: Sábado 11 febreiro

Horario: 10-14 h

Lugar: CSC A Trisca (Corredoira das Fraguas, San Pedro, Santiago DC)

Nivel: para músicos iniciados

+ info e inscrición: info@folque.com

Contidos:

◾Interpretación, estilo e ornamentacion de músicas europeas”, no que abarcará as seguintes materias:

◾Ritmos binarios: interpretación melódica e ornamentación. Reel, chula.

◾Ritmos ternarios: interpretación melódica e ornamentación. Xota, valse.

◾Ritmos ternarios de subdivisión ternaria: interpretación melódica e ornamentación. Jig, muiñeira, slip jig.

◾Amalgamas: interpretación melódica e ornamentación. Hanter fisel, polska.

Breve Biografía de Xosé Liz

Músico de recoñecido prestixio nacional e internacional no ámbito do folk galego e a Celtic Music. Máis de trinta producións discográficas cos mellores artistas galegos (Cristina Pato, Susana Seivane, Blanco, Rodrigo Romaní, Anxo Pintos, Anxo Lorenzo, Begoña Riobó…) e a súa habitual presenza nos mellores escearios adicados a estas músicas (Celtic Connections, Piping Live, Vall D’aOsta, Scottish Weekend, Festival Interceltico de L’orient…) avalan a traxectoria deste multiinstrumentista vigués. Compaxina a súa tarefa de música profesional, produtor, arranxista e compositor coa súa laboura de mestre titular de frauta e corda pulsada na prestixiosa Escola de Música Folk e Tradicional E-Trad de Vigo, dende 2009.

Máis eventos de tipo Obradoiro

MIES É +. Talleres experimentais de arquitectura contemporánea 2026
31 de xaneiro a 31 de maio
Centro Galego de Arte Contemporánea
Obradoiros creativos no Museo Etnolóxico de Ribadavia
Obradoiros Creativos
31 de xaneiro a 16 de maio
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Obradoiro para familias en Semana Santa no Museo do Viño de Galicia
Busca do tesouro do Irmán Santiago
2 de abril a 5 de abril
Museo do Viño de Galicia
Obradoiro de xogos de mesa na Sala Infantil
11 de abril
Biblioteca Pública de Ourense