Evento: Valados

Valados
domingo, 26 febreiro, 2017 - 18:00
Teatro Pastor Díaz,
Viveiro
Espectáculo infantil a cargo da compañía Artestudio Teatro

Elenco: Ramiro Neira, Estefanía Gómez e Xurxo Cortáraz

Dirección: Xurxo Cortázar

Sinopse: Esta é a historia de Helena e Xoel. Da súa fermosa amizade e da súa vila, chea de vida ata que un vento fantasmagórico lle rouba a ledicia e o amor e aproveita as deliciosas diferenzas entre as persoas para convertilas en prexuízos: o medo ao diferente, a desconfianza no veciño… Prexuízos adultos suficientes para erguer un valado que parte a cidade en dúas, deixando a Helena a un lado e a Xoel ao outro. A rebeldía, o inxenio e o amor que os unen serán as ferramentas para crear artimañas de comunicación e seguir así xuntos aínda que separados.

Un espectáculo no que a través da música, a máis grande das artes, a danza, a máis efémera, e o teatro, a máis directa, lánzase ao ceo un papaventos cunha mensaxe de reflexión, esperanza e insurrección.

Espectáculo da Rede galega de teatros e auditorios. Confirmar datas e horarios nos espazos onde se representa.

 

 

 

 

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Dedín, dedín, dedal
17 de abril, 20:00
Centro Social de Abanqueiro - Boiro - A Coruña
Bio construción
Bio construción
17 de abril, 20:00
Auditorio Municipal - Vigo - Pontevedra
Ictus
Ictus (Anatomía de 'A derradeira leición' de Castelao)
17 de abril, 20:00
Teatro Principal - Ourense - Ourense
artur-ui-ou-ovo-dá-serpe
Artur Ui, o ovo da serpe
17 de abril, 20:30
Casa da Cultura de Bertamiráns - Ames - A Coruña