Evento: III Festival da gaita cidade da Coruña
III Festival da gaita cidade da Coruña
Unha xornada para deixarse arroupar polo son das gaitas cun festival organizado pola Asociación Cultural Airiños da Torre.
O festival sube ao escenario do Centro Ágora da Coruña ao Grupo de gaitas "Catalmibre", o Grupo de gaitas tradicional "Airiños da Torre" A Coruña, a Asociación Cultural Bieito Fandiño e a Coral Asociación Cultural "Airiños da Torre" A Coruña. Homenaxe a Xosé Taboada Sánchez.
A entrada ten un prezo de 5 euros e pódese adquirir na Internet, na asociación Airiños da Torre (Mecado de Monte Alto, s/n. T: 981 228 777), na billeteira da Praza de Ourense (de luns a venres -ágas festivos- de 9.30 a 13 horas e de 16.30 a 19.30 horas) e no teléfono 902 044 226. Ademais, se quedan entradas dispoñibles podes mercalas no Centro Ágora os días de función desde unha hora antes.
Máis eventos de tipo Concerto



