Evento: Cabaret Maldito
Cabaret Maldito
Cabaret Maldito
Espectáculo de varietés e circo ambientado no mundo do cabaret
A compañía El Circo de los Horrores instálanse en Vigo co seu terceiro traballo, Cabaret maldito, un show do máis atrevido e provocativo (non apto para menores de 18 anos) que mestura teatro, circo e o cabaret máis salvaxe. Unha atractiva proposta escénica na que unha catedral de estilo gótico reconvertida nun terrorífico cabaret é lugar para a paixón e o desenfreo. Tamén é o fogar de Lucifer, mestre de cerimonias.