Evento: Xornada no Baixo Miño: entre viñas e fortes

Xornada no Baixo Miño: entre viñas e fortes
domingo, 11 setembro, 2016 - 11:30
Encontro nas adegas Terras Gauda,
O Rosal

Xornada no Baixo Miño: entre viñas e fortes

Achegarse aos confíns máis meridionais do país na desembocadura do Miño, fronteira natural entre Galicia e Portugal

Nesta xornada Espazos Sonoros achegarase aos confíns máis meridionais do país na desembocadura do Miño, fronteira natural entre Galicia e Portugal, nunha zona caracterizada por un microclima amable no que abondan, canda plantacións de kiwis ou mirabeis, plantacións de viñas produtoras dos apreciados viños do Rosal, que conviven con numerosas fortificacións militares transfronteirizas, xurdidas das guerras que enfrontaron a España e Portugal, e que configuran unha das arquitecturas militares máis interesantes do século XVII en Europa. A xornada permitirá un achegamento á cultura e á paisaxe vitivinícola dunha das subzonas da denominación de orixe Rías Baixas, a dos viños do Rosal, mediante un percorrido a pé de viña polas plantacións das adegas Terras Gauda para coñecer as características dos viños que se producen nesta zona, as variedades de uva e outras singularidades do proceso de elaboración do viño, coincidindo co momento de máximo esplendor da paisaxe, antes do comezo da vendima. 

Pola tarde, irase ata o castelo de Santa Cruz, unha fortificación abaluartada, situada na Guarda, de planta romboidal, da que se conservan tamén tramos de foso e que podemos coñecer en visita guiada nos seus aspectos tanto históricos,Idade Moderna entre os séculos XVI e XVII, sobre todo no Baixo Miño, prestando especial atención ás súas razóns e funcións defensivas.

A xornada rematará cun concerto de irmandamento entre as dúas marxes do Miño, cun programa musical no que se interpretarán cantares de cego de Galicia e Portugal, a cargo do portugués César Prata e o galego Ariel Ninas.

11.30 h Encontro nas adegas Terras Gauda (O Rosal), xunto á caseta-tenda de madeira, percorrido guiado a pé de viña e degustación de viños na adega
14.30 h Comida (opcional, prezo 15 euros)
17.30 h Visita guiada polo castelo de Santa Cruz
19.30 h Concerto de César Prata e Ariel Ninas
Capacidade máxima: 60 persoas
Inscrición: do 27 de agosto ao 7 de setembro en actividades@espazossonoros.org

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

visitas escolares todo o curso 2025-2026 no Museo de Belas Artes da Coruña
Visitas escolares
8 de setembro a 21 de xuño
Museo de Belas Artes
Visita ao campamento de Aquae Querquennae
19 de setembro
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Roteiro A fotógrafa Ruth Matilda Anderson en Compostela
11 de outubro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal