Evento: Vai de baile

Vai de baile
venres, 1 xullo, 2016 a sábado, 2 xullo, 2016
Espazos ao aire libre,
Ferrol

Vai de baile

Festival que enche de danza as rúas e prazas da cidade

Festival que leva a rúas e prazas da cidade as coreografías de dez compañías, co obxecto de levar a danza a espazos urbanos e lugares non habituais.

 

PROGRAMA

Venres. Ás 19.00 horas A Variada presenta Baila para a miña Bitch na pajarera do Cantón. Unha bailarina danzará para un único espectador dentro da estrutura acristalada, mentres o resto do público poderá seguir a escena desde fóra. 

Sábado pola mañá. Oito compañías presentarán pequenas coreografías na praza do Inferniño (12.00 horas) e fronte ao centro cívico de Caranza (13.00 horas).

Sábado pola tarde. De 19.00 a 22.00 horas celebrarase un itinerario de danza que pasará polo Baluarte de Canido (19.00), o xardín do Torrente (19.30), o parque municipal Reina Sofía (20.00), a praza Vella (20.45) e a sala Carlos III do museo de Exponav (21.45).

Ás 23.00 horas, Pisando Ovos presenta Give it a spin no patio do Torrente Ballester e, ás 23.30 horas, sesión golfa de danza en familia da man do programa Baile de doce no mesmo lugar, cun DJ para animar a festa.

Todos os espectáculos son de balde.

Máis información

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos