Evento: Vai de baile
Vai de baile
Festival que leva a rúas e prazas da cidade as coreografías de dez compañías, co obxecto de levar a danza a espazos urbanos e lugares non habituais.
PROGRAMA
Venres. Ás 19.00 horas A Variada presenta Baila para a miña Bitch na pajarera do Cantón. Unha bailarina danzará para un único espectador dentro da estrutura acristalada, mentres o resto do público poderá seguir a escena desde fóra.
Sábado pola mañá. Oito compañías presentarán pequenas coreografías na praza do Inferniño (12.00 horas) e fronte ao centro cívico de Caranza (13.00 horas).
Sábado pola tarde. De 19.00 a 22.00 horas celebrarase un itinerario de danza que pasará polo Baluarte de Canido (19.00), o xardín do Torrente (19.30), o parque municipal Reina Sofía (20.00), a praza Vella (20.45) e a sala Carlos III do museo de Exponav (21.45).
Ás 23.00 horas, Pisando Ovos presenta Give it a spin no patio do Torrente Ballester e, ás 23.30 horas, sesión golfa de danza en familia da man do programa Baile de doce no mesmo lugar, cun DJ para animar a festa.
Todos os espectáculos son de balde.
Máis eventos de tipo Festival