Evento: Últimos días con Shakespeare e Cervantes

  • Nexos 2016
Últimos días con Shakespeare e Cervantes
sábado, 23 abril, 2016 - 12:00
Biblioteca e Arquivo de Galicia,
Santiago de Compostela

Últimos días con Shakespeare e Cervantes

Nexos celebra o 400 aniversario do falecemento de Shakespeare e Cervantes cunha aproximación ás súas figuras

O 23 de abril de 2016, coincidindo co Día Internacional do Libro, celebramos o 400 aniversario do falecemento de William Shakespeare e Miguel de Cervantes, cumios das letras en lingua inglesa e española. Non son poucos os estudosos da literatura que apuntan similitudes entre as súas obras. Tampouco faltan historiadores que tracen paralelismos entre as súas vidas. A modo de exemplo: ningún dos dous tivo formación universitaria e ambos foron perseguidos pola xustiza. Até aquí as coincidencias. Semella que Cervantes tivo unha vida atribulada e chea de penurias, mentres que o dramaturgo inglés gozou dunha posición confortable. Diso trata a sesión de hoxe: queremos mergullarnos nas súas vidas cotiás, na súa reputación social, na súa circunstancia persoal, e todo isto situado no contexto intelectual e político da época. E por certo, chegaron a coñecerse?

Programa
12:00 | Relatorio do escritor e xornalista Ignacio Vidal-Folch. Grande apaixonado dos cómics, foi director da sección de cultura dos xornais La Vanguardia e ABC, así como colaborador habitual en El País e El Mundo. Ten publicado numerosos libros de contos, ensaio e novela, logrando en 1998 o Premio NH de Relatos pola obra ‘Más lejos y más abajo’ e en 2014 o Premio Ciutat de Barcelona por ‘Pronto seremos felices’. Entre 2010 e 2012 foi guionista e presentador do programa literario Nostromo (La 2, TVE).

Actuación do Grupo 1500 de Música Antiga
Vidal-Folch abordará esta efeméride tan sinalada, sinalando os paralelismos entre as vidas das dúas figuras, cumios das letras en lingua española e inglesa. Mais tamén tratará de evidenciar as súas diferenzas, mergullándose nas súas vidas cotiáns, na súa reputación social, na súa circunstancia persoal e, todo iso, situado no contexto intelectual e político da época.

Tras o relatorio de Vidal-Folch, a sesión completarase coa actuación ‘Músicas arredor de Cervantes e Shakespeare’ do Grupo 1500 de Música Antiga, que interpretará pezas vocais e instrumentais recollidas directamente da obra de ambos escritores, ademais doutras coetáneas que reflicten o ambiente musical (cortesán e popular) daquel momento histórico.

As prazas están esgotadas pero hai aberta unha lista de espera. Aquelas persoas que desexen formar parte da mesma poden mandar un mail a online@cidadedacultura.org cos seus datos e persoais e número de prazas a solicitar. En caso de que se produza algunha renuncia, a organización poñerase en contacto cos solicitantes por estricta orde de chegada dos correos electrónicos.

E como o obxectivo é ofrecer un aperitivo cultural para as mañás dos sábados, os asistentes están convidados tras a sesión a un viño e un petisco por cortesía da bodega Martín Códax e Pan do Mar, facilitando un momento para o diálogo e o intercambio de impresións.

 

+ info e inscricións: http://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/ultimos-dias-con-shakespeare-e-...

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Curso de primavera no Museo de Belas Artes da Coruña
Os temas da arte: Heroes e heroínas da mitoloxía clásica
7 de abril a 26 de maio
Museo de Belas Artes
Presentación do libro "1140"
23 de abril
Biblioteca Pública de Lugo
BibliotecArte: "Noctámbulos / Nightwalks" de Edward Hopper
6 de abril
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés