Evento: Os soños na gaiola

Os soños na gaiola
martes, 13 outubro, 2020 - 18:00
Adro da Igrexa de Luaña,
Brión

Os soños na gaiola

Espectáculo infantil de monicreques a cargo de Títeres Alakrán

Os soños na gaiola de Manuel María é unha obra de monicreques para público infantil e familiar que supón a homenaxe que Títeres Alakrán e o dramaturgo e director Roi Vidal lle queren facer ao poeta Manuel María no ano no que se lle dedica o Día das Letras Galegas. O espectáculo déixase levar polo influxo de Alicia no país das marabillas de Lewis Carrol para ofrecer unha mirada nova sobre os poemas do libro Os soños na gaiola co obxectivo de lles achegar aos máis cativos o mundo  rural da  infancia  do  poeta  chairego.  Un  mundo  que  á  pequena  Alicia,  unha  nena  urbana  da actualidade, lle resulta extraño, mais que acabará comprendendo e amando

Máis eventos de tipo Espectáculo

os fabulosos cleaners
Os fabulosos CLEANERS
12 de abril
Multiúsos da Xunqueira
Son animal
18 de abril
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Concerto PunkInfantil
18 de abril
Teatro da Beneficencia