Evento: Os nenos do paraíso / Les enfants du paradise

  • Los niños del paraíso / Les enfants du paradis
Os nenos do paraíso / Les enfants du paradise
martes, 29 marzo, 2016 - 19:30
Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI),
A Coruña

Os nenos do paraíso / Les enfants du paradise

Proxección acompañada dunha presentación e coloquio

Dentro das actividades que a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) desenvolve nestas semanas para difundir a figura de María Casares, o Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI) acolle este martes 29 de marzo -día antes da gala dos María Casares- unha sesión homenaxe á actriz, consistente nun coloquio presentado pola vicepresidenta da AAAG, Mabel Rivera, moderado polo escritor e xornalista Alberto Ramos e no que participarán o historiador de cine José Luis Castro de Paz e a investigadora Sabela Hermida.

Tras a mesa redonda, proxectarase o clásico Lesenfants du paradise, dirixida por Marcel Carné e protagonizada pola actriz María Casares. A sesión comeza ás 19.30 horas. É de balde.

Francia, 1945

Dirección: Marcel Carné. Guión: Jacques Prévert.

Fotografía: Roger Hubert.

Intérpretes: Arletty,  Pierre Brasseur, María Casares.

Duración: 190'.

Sinopse: Dividido en dúas partes -Le Boulevard du crime e L´homme blanc- integradas nunha, é un melodrama amoroso con fondo teatral. Versión restaurada.

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual