Evento: Concerto de La Chinga
Concerto de La Chinga
O trío de Vancouver formouse a finais de 2012. Úneos a súa paixón polo hard rock clásico (Cactus, Led Zeppelin, Kiss), o heavy metal (UFO, Judas Priest), o seu amor pola cervexa e a marihuana e as ganas de dinamitar a escena local canadense. Os tres son vellos coñecidos da escena local de Vancouver pero con La Chinga rapidamente chamaron a atención máis aló das súas fronteiras. En 2013 lanzaron o seu disco de debut autoproducido. Este serviulles para tocar constantemente polo seu país natal pero tamén para que en 2014 viaxasen a Europa por primeira vez nunha xira que os levou por España, Portugal e Francia.
Ao pouco da súa xira europea o seu LP debut era reeditado polo prestixioso selo europeo Bilocation Records cultivando excelentes críticas e ademais a banda fichaba polo selo americano Small Stone Records con quen lanza o seu segundo LP, Freewheelin, a principios de 2016.
A Chinga son Carl Spackler (baixo e voces), Ben Yardley (guitarras e voces) e Jason Solyom (batería).