Evento: Concerto de Pepe Piña
Concerto de Pepe Piña
Nacido en Laxe, iníciase en solitario en pubs en Santiago combinando cos estudos. Fundador do grupo Semen-up con Alberto Comesaña, Tino López, Jorge do Rio e Quique Magán en Lugo en 1982. En 1989 forma con Chiruca Gómez, Antón Campelo, Ezequiel Orol, Quique Magán e Javi teclas o grupo O Carro que se disolvera anos atrás con Pedro Vila, dándolle un perfil distinto ao orixinal ao incorporar bateria, teclado, baixo e guitarra eléctrica. En 1992 forma con Alfonso Branco e Emilio Huete o grupo Haceros del norte tocando en pubs. Posteriormente deixa o grupo Emilio e entran Paco Dicenta con baixo eléctrico e Pablo Carreira con guitarra eléctrica. En 2010 forma En clave de fado con Iria Estévez e Gonzalo Piña.
En 2015, con 57 anos, Pepe Piña lanza o seu primeiro disco en solitario de música propia, sendo obra do seu proxecto no cal se marca un retorno ás orixes en solitario, pero coa bagaxe de tantos anos nos que recolle influencias que van do blues á bossa, ou do pop ao rock.



