Evento: 2naFronteira: A voz da pedra

  • Cartel do concerto
2naFronteira: A voz da pedra
sábado, 26 decembro, 2015 - 20:00
Igrexa do Santo Ángel,
Ourense

2naFronteira: A voz da pedra

Actuación do dúo italo-galego no seu concerto para igrexas

A cantante arraiana do Couto Mixto Carmen Penim e o pianista romano Maurizio Polsinelli forman o dúo 2naFronteira no 2008 en Italia. Alí gravan o seu primeiro disco e dan concertos entre Italia e España. 
De volta en Galicia, no 2013, publican ALMA, cunha grande acollida de público e crítica. E no 2014, chega Zapatiños para Díaz Castro, que ten unha notable repercusión nos medios. Ambos discos foron presentados en Culturgal (2013 e 2014) e dan numerosos concertos.
Aínda sendo un grupo totalmente autoproducido, actualmente son xa un referente de calidade na  música galega, e constitúen unha proposta orixinal e ecléctica que se sitúa entre a música de raíz e a música culta. Presentan ademáis a particularidade de compor temas orixinais para voz e harmonio.

Presentando A voz da pedra o seu concerto para igrexas.

Máis eventos de tipo Concerto

Julia Villarroel
15 de maio
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 3
Luar na Lubre XX. Encrucillada
17 de maio
Pazo da Cultura