Evento: Concerto de Cheetah Chrome & Señor No

  • Cartel da xira
Concerto de Cheetah Chrome & Señor No
martes, 15 decembro, 2015 - 21:30
La Fábrica de Chocolate,
Vigo

Concerto de Cheetah Chrome & Señor No

Actuación do mítico guitarrista coa banda de Donosti

Cheetah Chrome: unha lenda con patas, un dos guitarristas máis icónicos de todos os tempos. A mediados dos anos 70 e desde a súa cidade, Ohio, a súa guitarra axudou a construír o son do Punk Rock cos seminales Rocket From The Tombs para máis tarde dar forma xunto a Stiv Bators a unha das bandas por excelencia daquela década, os Dead Boys.
Ao longo de todos estes anos Cheetah Chrome non deixou de colaborar e saír de xira con diferentes músicos e proxectos e a súa guitarra segue afiada e cortante coma nunca.

Señor No: Son unha banda de punk rock nada nos locais de Buenavista, foco da escena punk de San Sebastián, en 1993 formada na actualidade por Xabi (guitarra e Voz), Fumai (baixo), Fosy (batería) e Jorge Colldan (guitarra).
Con esta actual formación acaban de publicar en 2015 o seu disco A veces no.

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
pablopablo
9 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
Marcin Dylla en Santiago 10/04/26
Concerto de Marcin Dylla
10 de abril
Conservatorio Profesional Santiago
(EN)FOCO #3: Rapsodias africanas
10 de abril
Avenida do Burgo das Nacións