Evento: Concerto de Brais Morán
Concerto de Brais Morán
Brais Morán salta aos escenarios e ao mercado musical no 2014 co seu primeiro proxecto en solitario e acompañado dunha nova banda formada por tres músicos: Miguel Queixas na batería, Denís Morán no baixo eléctrico e Manu Seoane na guitarra eléctrica.
Deste xeito, e co lanzamento do seu single “En Paz” busca reflectir a forza e o rock como producto das vivencias destes últimos anos experimentados no panorama da escena galega.
Coñecido como o cantante e guitarrista da banda galega de funk Loretta Martin; Brais constrúe agora outro universo paralelo cunhas letras máis persoais e cunha forma máis individualista e directa de transmitir, onde decide coller a guitarra e poñerlle unha voz máis desgarrada a unhas cancións que tentan abrir outro camiño máis definido e máis potente na música actual.



