Evento: Día da Ciencia en Galego

  • Detalle do cartel conmemorativo do Día da Ciencia en Galego
Día da Ciencia en Galego
mércores, 4 novembro, 2015 - 11:00
Museo de Historia Natural da USC,
Santiago de Compostela

Día da Ciencia en Galego

Actividade de dinamización lingüística para celebrar o Día da Ciencia en Galego

Acto institucional e actividades para celebrar o Día da Ciencia en Galego. Rapaces e rapazas de 6º de primaria terán ocasión de coñecer de primeira man a figura de Isidro Parga Pondal, un dos científicos propostos por Igaciencia para conmemorar esta data, así como de facer un percorrido guiado polo Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago e ver algúns dos fondos que pertenceron ao ilustre xeólogo. Todo co obxectivo de que descubran a idoneidade do galego para facer, ensinar e divulgar ciencia.

Máis eventos de tipo Outras actividades

Bases XVII_ATLANTE
XVII Premio Atlante de Gravado
14 de setembro a 31 de maio
Colección Visitable Fundación Museo de Artes
Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
Real Filharmonía de Galicia. Temporada 2025-26
18 de setembro a 4 de xuño
Avenida do Burgo das Nacións
Club de lectura infantil (3º a 6º de primaria)
7 de novembro a 22 de maio
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola