Evento: As San Lucas

  • Cartel da Festa
As San Lucas
venres, 16 outubro, 2015 a martes, 20 outubro, 2015
Varias ubicacións,
Mondoñedo

As San Lucas

Festa de interese turístico de Galicia

As campás da catedral de Mondoñedo, acompañadas de potentes bombas, anuncian ao mediodía o comezo das San Lucas, unha das máis importantes feiras tradicionais de Galicia, cuxa orixe se remonta a 1156, ano no que Afonso VII concedeu á vila unha festa de oito días. E pola tarde ten lugar o pregón, en presenza da raíña das festas e as dúas damas de honra, o sanluqueiro, as autoridades e membros da Comisión de Festas e os xigantes e cabezudos, que desfilan ata o Auditorio Municipal acompañados dun grupo de gaitas.
As feiras das San Lucas son, fundamentalmente, de gando. A apertura da feira cabalar ten lugar o sábado, día que se celebra tamén a misa na honra de San Lucas, cunha masiva asistencia de público. O concurso de gando no recinto feiral complétase cun concurso de andadura galega, modalidades serrada (dous tempos) e chapeada (catro tempos), un concurso canino e distintas exhibicións de cans, no Pavillón Municipal. O último día das festas é o día das maulas, no que todos os produtos da feira se venden a metade de prezo.
Non faltan charangas, xogos tradicionais, verbenas e concertos todos os días, e unha feira-mostra de produtos agroalimentarios e de maquinaria.

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Festa do Monte
4 de agosto a 11 de agosto
Monte de Santa Tegra
Festas Patronais de San Lourenzo
6 de agosto a 10 de agosto
Varios espazos
Festa do Mexillón e do Berberecho
7 de agosto a 10 de agosto
Vilanova de Arousa
Mercado Medieval de Mondoñedo
8 de agosto a 10 de agosto
Mondoñedo