Evento: Festa da Lamprea

Festa da Lamprea
venres, 26 abril, 2024 a domingo, 28 abril, 2024
Varios espazos,
Arbo

Festa da Lamprea

Degustación da lamprea acompañada de viño do Condado

A lamprea é o peixe máis primitivo, con 400 millóns de anos. A súa apariencia, un corpo cilíndrico sen escamas e unha cor gris e amarela, é distinta á do resto dos peixes.

O aspecto do prato coa lamprea cociñada no seu sangue (o xeito máis popular) pode resultar, para os máis delicados, pouco atractivo á vista. Con todo, constitúe un delicioso produto gastronómico do que xa os emperadores romanos daban boa conta.

A lamprea reprodúcese no río, crece no mar e volve ao río. Desde antigo, os pescadores do Miño, na comarca da Paradanta e máis en concreto en Arbo, captúrana grazas a unhas construcións de pedra no medio do río chamadas pesqueiras, todo un símbolo da cultura do río desta zona.

Aproveitando a tempada da lamprea (de xaneiro a abril), esta festa gastronómica celébrase en Arbo desde 1960. Viños do Condado, música de gaitas e da banda municipal acompañan a degustación baixo as carpas instaladas pola organización. E, por suposto, bares e restaurantes da localidade ofrecen ese día lamprea en abundancia.

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Festa do Choco
10 de maio a 12 de maio
Alameda
Festa da Troita
10 de maio a 12 de maio
varios espazos
Feira do Viño de Pantón
11 de maio a 12 de maio