Evento: Festa das Fachas de Castelo

Festa das Fachas de Castelo
mércores, 7 setembro, 2016 - 12:15
Santa María do Castelo,
Taboada

Festa das Fachas de Castelo

Único lugar e Galicia onde perdura a tradición das fachas, rito dos poboados castrexos

A parroquia de Santa María de Castelo é o único lugar de Galicia no que perdura a tradición das fachas, un rito que os estudosos explican como un xeito de comunicación entre os antigos poboados castrexos, aínda que podería formar parte tamén de certos rituais máxico-relixiosos. En calquera caso, non é casualidade que a queima das fachas, coa que comezan as festas desta parroquia, se realice na cima dun antigo castro.

As fachas son uns longos paus de madeira, normalmente de piñeiro, de ata dez metros de altura, recubertos case na súa totalidade por distintas capas de talos dunha planta chamada gamón ou vara de San Xosé. A súa elaboración é moi traballosa, xa que para cada facha empréganse entre cinco e sete mil talos.
A tarde do día 7 de setembro, lévanse as fachas ata o castro e dispóñense cravadas en círculo sobre o seu borde. Pola noite, todo o mundo é chamado á festa con foguetes disparados desde o castro. Co acendido das fachas, o Castro convértese nun extraordinario espectáculo que se divisa desde todo o contorno. 

Destacado: Subida das fachas ata o castro e preparativos para a súa queima.

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Festa da Pascua de Padrón
27 de marzo a 12 de abril
Varios espazos
Festas Patronais de San Telmo
4 de abril a 13 de abril
Varios espazos
Festa Encontro Degustación do Millo Corvo
10 de abril a 12 de abril
Bueu
Festa da Lamprea
24 de abril a 26 de abril
Varios espazos