Evento: Romaría da Saínza

  • Programa da Romaría
Romaría da Saínza
venres, 18 setembro, 2015 a domingo, 20 setembro, 2015
Rairiz de Veiga,
Rairiz de Veiga

Romaría da Saínza

Festa de Interese Turístico que rememora as loitas mediavais entre mouros e cristiáns

Na Limia, que se dicía atravesada polo mítico río do Esquecemento, interior da provincia de Ourense, habita a tradición e certa esencia da Galicia rural agraria. Paraxes montañosas, vixiadas por torres que disputaban mosteiros e os condes de Monterrei e de Moctezuma. Onde tamén se conta que naceu a fermosa, malograda e namorada esposa de Pedro "O Cruel", Inés de Castro, raíña despois de morta. Espazos nos que, na mañá de cada 24 de setembro e na honra da Virxe da Mercé, avós, pais e fillos, á sombra dunha vella carballeira e o simulacro dun castelo, rememoran unha historia que non se debe repetir: as loitas medievais entre os cristiáns e os invasores "mouros", os que reclaman o décimo das "Cen Doncelas".

Tal batalla campal, entre sermóns e cánticos, non pode rematar máis que en festa de liberación de cativos e confraternal baile, mesa ben servida, brinde, foguetes e música.

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Festa da Pascua de Padrón
27 de marzo a 12 de abril
Varios espazos
Festas Patronais de San Telmo
4 de abril a 13 de abril
Varios espazos
Festa Encontro Degustación do Millo Corvo
10 de abril a 12 de abril
Bueu
Festa da Lamprea
24 de abril a 26 de abril
Varios espazos