Evento: BacoFesta

  • Cartel da Festa
BacoFesta
venres, 14 agosto, 2015 a domingo, 16 agosto, 2015
Recinto Feiral do Aguillón,
A Rúa

BacoFesta

II Festa Romano-Gastronómica da Rúa de Valdeorras

O Concello da Rúa organiza este ano a II edición da BacoFesta, unha feira romano-gastronómica que quere poñer en valor os viños da zona e a súa gastronomía, homenaxeando tamén as orixes romanas da vila. Dado o éxito da primeira edición, faise de novo este verán coa esperanza e a ambición de que se consolide no tempo.

A ponte romana A Cigarrosa, testemuña do esplendor de antano, é o lugar elixido para inaugurar unha festa que pon en valor os vestixios romanos da Rúa, na que habitou Lucio Pompeio Reburro, valdeorrés membro da garda pretoriana, e por onde transcorre a Vía Nova, a Vía XVIII do Itinerario de Antonino, que vai dende Bracara Augusta (Braga) ata Asturica Augusta (Astorga).

Xogos populares para nenos e maiores, contacontos, foliada coa Agrupación Abertal, concurso de disfraces, actuacións musicais de En mala hora, Spin te kú e os Festicultores ademais dos xantares e degustacións dos viños da comarca.

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Festa da Romaxe das Cruces
8 de xuño
Ribadeo
Festa do Peixe
13 de xuño a 15 de xuño
Bande
Festa do Boi
14 de xuño a 22 de xuño