Evento: Festa do Mexillón e do Berberecho
Festa do Mexillón e do Berberecho
luns, 15 agosto, 2016 a martes, 16 agosto, 2016
Entorno do Concello,
Vilanova de Arousa Festa do Mexillón e do Berberecho
Festa de interese turístico de Galicia de exaltación destes mariscos da ría
A súa celebración data de 1994 e a súa singularidade vén determinada porque o mexillón e o berberecho son dous produtos que constitúen a base da industria local e parte da súa historia a través das conserveiras, de aí tamén o seu arraigamento popular e a participación dos veciños, que dan a coñecer o seu traballo e a gastronomía local a todos os visitantes.



