Evento: As Lagharteiras
As Lagharteiras
As Lagharteiras son un grupo de mulleres pandereteiras cunha ampla traxectoria no eido da música tradicional, que unen os seus coñecementos para por en marcha un proxecto de dignificación e revalorización do patrimonio cultural galego.
O obxectivo desta asociación cultural que xermola alá polo 2007 é o de reunir, conservar e divulgar as músicas, cantos, instrumentos e vestiario que viran ao redor do folclore tradicional galego. Sen esquecer o traballo de campo que as leva a afondar nas raíces da música e da cultura tradicionais de Galicia para obter o legado cultural que durante séculos foi transmitido oralmente.
Constituídas como asociación cultural folclórica no 2010 o seu domicilio está establecido en Mos, onde fai vida o seu director, Carlos Álvarez.
Máis eventos de tipo Concerto



