Evento: Manfredo Kraemer e Guadalupe del Moral
Manfredo Kraemer e Guadalupe del Moral
xoves, 9 xullo, 2015 - 20:30
Paraninfo Facultade Xeografía e Historia,
Santiago de Compostela Manfredo Kraemer e Guadalupe del Moral
Concerto destes violinistas na programación do Festival Via Stellae
Asociado sempre con música didáctica ou pasatempo de afeccionados, o repertorio de dúo para violíns, e en verdade de calquera dúo, nunca gozou da mellor reputación. Sensibles e virtuosos violinistas, recoñecidos especialistas en música antiga e barroca, os arxentinos Manfredo Kraemer e Guadalupe del Moral transcenden esta convención cun programa no que viaxamos no espazo e no tempo, entre dous continentes e durante tres séculos de música, presentando obras de compositores que non sabían escribir "música menor".
Ligazóns
Descargas
Máis eventos de tipo Concerto



