Evento: Xogamos!

Xogamos!
sábado, 2 maio, 2026 - 12:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés,
A Coruña

Xogamos!

Contacontos a cargo de Ramiro Neira

Sabemos que o xogo é a maior ferramenta de aprendizaxe que temos... Pois nesta sesión de narración oral é precisamente o que imos facer... Xogar!!!

Xogar cos nosos corpos... Xogar coas nosas voces... Xogar co noso ritmo... Xogar entre nós... Xogar coa nosa imaxinación...

En definitiva, xogar a través dos contos!!!

Público infantil de 0 a 3 anos con persoa adulta acompañante

Lugar: Bebeteca

Duración: 35 minutos

15 prazas

Inscrición previa a partir do 23 de abril ás 8:30 h. a través do formulario da nosa páxina web. Recibe o aviso a través do boletín de novidades.

As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición. No caso de ser seleccionado/a a biblioteca poñerase en contacto con vostede uns días antes da actividade. 

Máis eventos de tipo Espectáculo

Imaxe
Hocus Pocus
2 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Imaxe
Odiseicas: as que tecen a historia
11 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Do reino (e) dos amores proscritos
14 de maio
Auditorio Municipal Gustavo Freire
Mitos, lendas e cantigas. Homenaxe a Begoña Caamaño
15 de maio
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés