Evento: Babies experience

Babies experience
venres, 24 abril, 2026 - 17:30 a 19:15
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés,
A Coruña

Babies experience

Actividade a cargo de Kids&Us

Prazas esgotadas. Formulario pechado

Nesta actividade os nenos e nenas de 1 e 2 anos coñecerán a Mousy e Linda, dous simpáticos ratiños que os acompañarán nunha primeira aventura chea de descubrimentos.
A través dunha caixa secreta, exploraremos cheiros, texturas e sons con materiais suaves e estimulantes como maracas, flores delicadas e pompas de xabón, creando unha experiencia sensorial divertida e adaptada á súa etapa de desenvolvemento.

Actividade 100% en inglés, cunha exposición natural e respectuosa, ideal para que os peques familiarícense co idioma desde os seus primeiros anos mentres xogan e experimentan. Unha oportunidade perfecta para que as familias coñezan a nosa metodoloxía en acción.

Público infantil de 1 a 2 anos con persoa adulta acompañante

Espazo de obradoiros da Biblioteca

2 quendas:

Quenda 1: 17:30-18:10 h.

Quenda 2: 18:30-19:10 h.

5 prazas por quenda

Inscrición previa a partir do 16 de abril ás 8:30 h. a través dos formularios da nosa páxina web. Recibe o aviso a través do boletín de novas.

Formulario de inscrición quenda 1

Formulario de inscrición quenda 2

As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición. Cada persoa será admitida nunha única quenda. No caso de inscribirse en ambas quendas, e resultar admitida, asignaráselle praza na quenda que elixise en primeiro lugar.

No caso de ser seleccionado/a a biblioteca poñerase en contacto con vostede uns días antes da actividade.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Imaxe
Hocus Pocus
2 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Imaxe
Odiseicas: as que tecen a historia
11 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Do reino (e) dos amores proscritos
14 de maio
Auditorio Municipal Gustavo Freire