Evento: Sesión 4. Comunicacións na diáspora, interxeracións

Sesión 4. Comunicacións na diáspora, interxeracións
venres, 13 marzo, 2026 - 18:00
Filmoteca de Galicia,
A Coruña

Sesión 4. Comunicacións na diáspora, interxeracións

VV.AA., 2008-2024

Cienfuegos 1913 (Margarita Ledo, Belkis Vega, 2008, 8 min)

Este documental con vontade experimental está abordado como un exercicio de correspondencia que comeza cando a directora galega lle pide á cubana que filme a cidade natal de súa nai. Vega responde cun retrato que incorpora imaxes actuais e antigas de Cienfuegos. Na segunda parte da peza, Ledo realiza unha exploración da súa casa familiar, na Terra Cha.

Ata pronto, adeus (CPI O Cruce, de Cerceda, alumnado 1º-2º ESO, 2022, 11 min)

Segunda II (Anita Pico, 2024, 17 min)

Neste retrato dunha muller do campo galego descubrimos os valores de quen un día dominaron a historia. Segunda quedou marcada co seu nome cando naceu, pero tiña outros plans. Desde Couso, unha pequena vila galega, esta matriarca de oitenta anos viviu a súa vida coa determinación e personalidade dos emperadores romanos que conquistaron o mundo.

Memorias de ultramar (Carmen Bellas, Alberto Berzosa, 2021, 49 min)

Memorias de ultramar é un documental realizado con imaxes rodadas por familias que viviron nas colonias, provincias e territorios baixo dominio español entre 1940 e 1975. Unha sucesión de instantáneas propias de quen se traslada a outro país e configura o seu novo fogar. O álbum pasa as súas páxinas e en determinados momentos a proxección detense, o editor rebobina, amplía, analiza e busca ecos dentro do material familiar. Que temas se repiten? Como se filma a natureza, o traballo, a muller, as materias primas? Cal é a posición do outro no encadre? Existe algunha pegada do colonial nas imaxes domésticas?

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Ciclo de cine de primavera no Museo de BBAA da Coruña
Museos de cine
8 de abril a 29 de abril
Museo de Belas Artes
Curtas Guillermo Galoe
15 de abril
Filmoteca de Galicia
El mundo conectado
16 de abril
Filmoteca de Galicia
Ciudad sin sueño
16 de abril
Filmoteca de Galicia