Evento: Breathless

Breathless
xoves, 5 marzo, 2026 - 20:30
Filmoteca de Galicia,
A Coruña

Breathless

James Benning, 2023

“O 28 de novembro de 2023 conducín desde a miña casa en Pine Flat, California, cruzando a montaña Great Western Divide, ata a parte alta do río Kern. Fun filmar unha árbore. As follas eran de cor laranxa. En poucos minutos comezaron a suceder cousas que non planeara. Pensei: "Merda". Nos últimos anos, varios incendios forestais arrasaron esta zona. O que estaba a suceder debíase a iso. Empecei a gravar. E entón atacáronme desde o aire. Xogos de guerra.

A miña película ía ser unha obra non narrativa da mesma duración que Sen alento*, de Godard, pero ao final acabou sendo outra cousa. Deixa sen alento”. – James Benning
 

* O título en español é Al final de la escapada, À bout de souffle no orixinal e Breathless en inglés [literalmente, Sen alento]. Benning realiza un xogo de palabras.

Máis eventos do ciclo Fóra de serie

Al final de la escapada
3 de marzo, 20:30
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña
Al final de la escapada
4 de marzo, 18:00
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña