Evento: A túa banca dixital: compras seguras en liña

A túa banca dixital: compras seguras en liña
luns, 16 marzo, 2026 a xoves, 19 marzo, 2026
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola,
Pontevedra

A túa banca dixital: compras seguras en liña

Este curso práctico está deseñado para que perdas o medo a realizar os teus trámites cotiáns desde calquera dispositivo. Aprenderás a navegar de forma segura polas  aplicacións bancarias, aforrando tempo e desprazamentos innecesarios. Ao finalizar, serás capaz de xestionar o teu día a día dixital con total autonomía e confianza.

Data e hora: do 16 ao 19 de marzo de 17.00 a 20.00 h

Público destinatario: adulto

Inscrición previa na web da biblioteca dende o 16 de febreiro ás 09.00 h.

 

OBRIGATORIO: no campo Observacións do formulario de inscrición debe poñer a súa data de nacemento. Por exemplo: 15/03/1963

 

Iniciativa impulsada pola Fundación Cibervoluntarios dentro das inicativas Xeración D, impulsada por Red.es, Ministerio para la Transformación Digital y de la Función Pública, financiadas polo plan de recuperación Trasnformación e Resilencia a través dos fondos Next Generation da Unión Europea.

Máis eventos de tipo Outras actividades

Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
Real Filharmonía de Galicia. Temporada 2025-26
18 de setembro a 4 de xuño
Avenida do Burgo das Nacións
Club de lectura infantil (3º a 6º de primaria)
7 de novembro a 22 de maio
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Club de lectura xuvenil (1º a 4º de ESO)
14 de novembro a 29 de maio
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola