Evento: Yrupẽ

Yrupẽ
mércores, 25 febreiro, 2026 - 19:00
Filmoteca de Galicia,
A Coruña
Candela Sotos, 2025

Guillermo Fernández-Zúñiga foi un pioneiro do cinema científico en España e membro do equipo de difusión audiovisual da República durante a Guerra Civil española. A pesar de ter unha gran importancia histórica, moita da súa obra perdeuse ao longo dos anos. Tal é o caso de La flor de Irupé, película que este iniciou no exilio en Bos Aires, pero que nunca chegou a completar. Candela Sotos realiza un exercicio de reconstrución da memoria persoal, viaxando a través de relatos familiares e arquivos oficiais para lanzar luz sobre unha biografía que, como tantas outras, foi ocultada polo franquismo. Sotos segue os pasos do seu tío avó e constrúe un filme que, entre a ciencia e a poesía, resulta tan único como a planta que lle dá nome: aquel xigantesco e misterioso nenúfar amazónico que florece só unha vez ao ano, de noite e de xeito inesperado. (SEMINCI)

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

As estacións
13 de marzo
Filmoteca de Galicia
As estacións
14 de marzo
Filmoteca de Galicia
El amor es más frío que la muerte
17 de marzo
Filmoteca de Galicia