Evento: Japanese Girls at the Harbor

Japanese Girls at the Harbor
xoves, 5 febreiro, 2026 - 18:00
Filmoteca de Galicia,
A Coruña

Japanese Girls at the Harbor

Hiroshi Shimizu, 1933

Sunako e Dora, amigas dunha escola feminina en Yokohama, están namoradas de Henry, un mozo, que, coma elas, é metade xaponés. Deixando a Dora de lado, Henry empeza a prestarlle máis atención a Sunako, ata que comeza a involucrarse cunha cuadrilla de delincuentes e cunha muller chamada Sheridan Yoko. Aínda que Shimizu se faría internacionalmente coñecido polas súas películas sobre nenos cun toque documental, na década dos 30 axudou a formular o estilo moderno que tipificou as producións que saían do estudio de Shochiku Kamata. Un bo exemplo é esta singular película, na que roda un melodrama tipicamente xaponés cun estilo case europeo, na que utiliza unha montaxe audaz e moi rítmica para a época, planos longos con encadramentos singulares e un deseño de escenografía moderno.

 

Foto ©1933 Shochiku Co., Ltd

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Blue Moon
31 de marzo
Filmoteca de Galicia
El dios de la peste
31 de marzo
Filmoteca de Galicia
El dios de la peste
1 de abril
Filmoteca de Galicia
Casablanca
1 de abril
Filmoteca de Galicia