Evento: ExpresArte

  • Obradoiros creativos no Museo Etnolóxico de Ribadavia. ExpresArte
  • Obradoiros creativos no Museo Etnolóxico de Ribadavia
ExpresArte
sábado, 28 febreiro, 2026 - 11:30
Museo Etnolóxico de Ribadavia,
Ribadavia

ExpresArte

Obradoiros mensuais para que a xente nova se divirta mentras coñece o patrimonio cultural

O Museo ofrece os OBRADOIROS CREATIVOS, obradoiros mensuais deseñados para que nenos e nenas de 6 a 12 anos exploren, creen e se divirtan mentres conectan co noso patrimonio.

Cada obradoiro é unha oportunidade para descubrir técnicas tradicionais, transmitir saberes ancestrais e valorar as nosas raíces a través da experimentación e o xogo.

DATAS E TEMÁTICAS:

-28 de febreiro: ExpresArte

Neste obradoiro explorarán a creatividade e a arte arredor do mundo do viño, tan emblemático na zona. 

Actividade:

- Coñecemento do viño e da súa importancia cultural

- Creación artística en vidro

- Decoración libre con cores, texturas e inspiración na tradición vinícola

- Pequenos experimentos de combinación de cores e materiais

O resto dos obradoiros son:

-31 de xaneiro: Tinguidos naturais

-21 de marzo: Aluméame: os candís e as candeas

-18 de abril: Perfumes da natureza

-16 de maio: Cianotipia, as primeiras fotografías

Terán unha duración aproximada de 1h 30 minutos.  

As prazas estarán limitadas a 15 participantes por obradoiro.

A inscrición é flexible, poidendo apuntarse a un ou varios obradoiros, segundo a disposición e interese. O prazo de inscrición pecha 3 días antes da data de cada obradoiro. 

Para consultas:

reservas@xeitura.com

Máis eventos de tipo Obradoiro

MIES É +. Talleres experimentais de arquitectura contemporánea 2026
31 de xaneiro a 31 de maio
Centro Galego de Arte Contemporánea
Obradoiros creativos no Museo Etnolóxico de Ribadavia
Obradoiros Creativos
31 de xaneiro a 16 de maio
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Xogando coas letras - mércores 25
25 de febreiro
Biblioteca Pública de Ourense
Rosalía de Castro: ilustradora da poesía
28 de febreiro
Biblioteca Pública de Lugo