Evento: Manual para deitarse e... durmir. CAxoto

Manual para deitarse e... durmir. CAxoto
xoves, 5 febreiro, 2026 - 17:30 a 18:15
Vigo

Manual para deitarse e... durmir. CAxoto

Dúas sesións: 17:30 e 18:15 h.

Moi poucos nenos e nenas hai que se vaian para a cama de boa gaña. Normalmente os preliminares a deitarse convértense nun proceso lento e exasperante no que calquera escusa se aproveita para retrasar o temido momento de apagar a luz e durmir. Limpar os dentes, facer pis, poñer o pixama, fantasiar coas sombras da escuridade... convértense cada noite en aventuras que atesourar antes de conciliar o sono.

Neste espectáculo Caxoto regresa a estes intres antes de deitarse e convérteos nunha función de contos chea de aventuras, misterios sen resolver, visitas inesperadas e así gozar dunha viaxe á nosa nenez da man das nosas crianzas.

Idade: de 0 a 3 anos.

Duración: 30 minutos.

Inscrición previa na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 a mesma semana da actividade.

Máis eventos do ciclo A biblioteca dos pequenos

Cabaliño hop. Soledad Felloza
22 de xaneiro
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel - Vigo - Pontevedra
Que mundo é este? Iván Davila
19 de febreiro
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel - Vigo - Pontevedra