Evento: Debulendo lendas galegas

Debulendo lendas galegas
sábado, 28 febreiro, 2026 - 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Debulendo lendas galegas

Contacontos da man de Tarabelos

Recollemos a técnica centenaria do Kamishibai xaponés, “tarabelizámola” e temos un espectáculo de contacontos debuxado ao 100 %, onde a ilustración se pode ver, tocar, manipular, vestir…

Pero, que significa “debuler”? Cando eu debuxo o que leo, entón “debuleo”, e nesta contada debuxamos xuntos e descubrimos xuntos o valor das lendas. Lendas que ensinan o valor da nosa cultura galega; o valor para loitar pola vida; o valor da axuda dada e recibida; o valor de coñecer antes de deixarse levar polos falares!; o valor de unir forzas para vencer xuntos a dragóns invencibles; o valor e a coraxe daqueles soñadores que buscan máis alá, onde a maioría di que non hai nada. Valor que podemos ler e debuxar; valor que podemos “debuler”.

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Son animal
18 de abril
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Concerto PunkInfantil
18 de abril
Teatro da Beneficencia
Imaxe
Hocus Pocus
2 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal