Evento: A luz das ánimas

  • Proxección de documental no Museo Liste de Vigo
A luz das ánimas
sábado, 17 xaneiro, 2026 - 12:00
Museo Liste Vigo,
Vigo

A luz das ánimas

Proxección dun documental no Museo Liste

O Museo Etnográfico Liste de Vigo acolle a proxección do documental “A luz das ánimas” dirixido por Sergio Santos Otero e producido por Lembrame.gal.
En A luz das ánimas mergullámonos nunha viaxe por un universo de luces, voces, lembranzas e camiños que unen xeracións. É certo que se fala da morte, pero dunha morte que mantén vivos, a través da memoria, a aqueles que xa abandonaron este mundo. A peza pretende amosar, así, a forza das tradicións e da memoria colectiva galega.
Desenvolvemento:
 Presentación do documental a cargo de Gusi Domarco de Lembrame.gal
 Proxección.
 Debate participativo.

A entrada é de balde.

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Curtas Eva Landeck
5 de marzo
Filmoteca de Galicia
Breathless
5 de marzo
Filmoteca de Galicia
Sátántangó - partes 1-2
6 de marzo
Filmoteca de Galicia
Sátántangó - parte 3
7 de marzo
Filmoteca de Galicia