Evento: A aventura creativa de Anzuelo

A aventura creativa de Anzuelo
venres, 6 febreiro, 2026 - 19:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

A aventura creativa de Anzuelo

Charla a cargo de Emma Ríos

Celebramos o Día da Ilustración coa charla “A aventura creativa de Anzuelo” de Emma Ríos. A mar álzase, mostrando toda a forza e complexidade que ocultaba ata agora. O seu horizonte prégase, absórbeo todo e transforma o mundo en parte de si mesma. Nesa nova paisaxe, tres nenos á deriva, marcados por unha traxedia que afectou tanto ao seu corpo como á súa mente, atopan un punto en común: a súa conexión coas mareas e a súa decisión de non danar a ningún ser vivo.

A autora reflexiona sobre o seu último cómic, Anzuelo, unha historia de eco-terror na que o estraño convive coa beleza e o aterrador coa tenrura, conformando unha paisaxe postapocalíptica na que a única certeza é o amarre aos ecos da humanidade que se levou a marea.

Emma Ríos (Vilagarcía de Arousa, 1976) é unha autora que se forma a medio camiño entre a arquitectura e a autoedición ata que consegue dedicarse profesionalmente á historieta en 2007. Realizou traballos de encarga para varias editoriais americanas, destacando Marvel Entertainment, onde traballa regularmente durante catro anos ata que consegue volver ao cómic de autor en 2014 da man de Image e en colaboración con Kelly Sue DeConnick con Bela Morte, (Astiberri, 2014 e 2016), cómic polo que é nomeada en dúas categorías dos premios Eisner ese mesmo ano: como mellor portadista e artista de interiores. Tamén é autora de I.D. (Astiberri, 2016) como autora completa, coedita a revista Island con Brandon Graham e cocrea Mirror (Astiberri, 2017) con Hwei Lim.

No salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Máis eventos do ciclo Día da Ilustración

Periplo atlántico
30 de xaneiro, 18:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés - A Coruña - A Coruña
Pintando o humor con Siro
31 de xaneiro, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal - Santiago de Compostela - A Coruña
Rachando gaiolas
31 de xaneiro, 12:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés - A Coruña - A Coruña
Exposición de orixinais da novela gráfica “Gloria”
12 de xaneiro a 13 de febreiro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal - Santiago de Compostela - A Coruña