Evento: Memorias dun neno labrego

  • Memorias dun neno labrego
Memorias dun neno labrego
venres, 16 xaneiro, 2026 - 18:00
Salón Teatro,
Santiago de Compostela

Memorias dun neno labrego

Unha produción do Centro Dramático Galego e Contraproducións

Nova versión teatral sobre o libro de Xosé Neira Vilas no X aniversario do seu pasamento. Dirección e dramaturxia a cargo de Cándido Pazó.

Balbino é un neno de aldea, fillo de labregos pobres, que medra nun mundo de silencios, traballo e obediencia. Este espectáculo, segue a súa voz sincera e sensible a través dunha serie de lembranzas que van desde a tenrura da infancia ata a crúa conciencia das desigualdades, dando vida aos episodios máis representativos da novela de Neira Vilas: o maltrato escolar, a perda do amigo ou dun animal querido, a frustración do primeiro amor, a dureza do traballo, a emigración, a represión da expresión, e a tristura de sentirse diferente nun mundo que non admite preguntas; pero tamén os costumes e celebracións festivas da aldea, e as esperanzas e alegrías que, a pesar de todo, ofrece a vida.

A memoria persoal de Balbino como representación da memoria colectiva dunha Galicia rural que se foi diluíndo ou transformando, constrúen esta peza que pon en primeiro termo a emoción, pero tamén o humor e a relación directa co público.

Equipo artístico:
Texto teatral e dirección escénica: Cándido Pazó
Escenografía e atrezzo: Pablo Giráldez "O Pastor"
Vestiario: Martina Cambeiro
Música: Xosé Lois Romero
Iluminación: Afonso Castro
Axudantía de dirección: Belén Pichel

Elenco:
Xúlio Abonjo
Santi Romay
Manuel Cortés
Federico Pérez Rey
Iris Darriba
Mónica García
Ana Santos

Entradas á venda en ataquilla.com

 

Outras datas

Máis eventos de tipo Espectáculo

Cinema Marabillas, Ver para ler
27 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
O Apalpador
30 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Circonove
30 de decembro
Casa da Cultura. CIGANÍ, con Antón Coucheiro
Circonove
31 de decembro
Casa da Cultura. Circanelo, con Alfredo Pérez Muiño