Evento: Arpilleras: creación de ilustracións con tecido e fío

Arpilleras: creación de ilustracións con tecido e fío
sábado, 31 xaneiro, 2026 - 12:00
Biblioteca Pública de Lugo,
Lugo

Arpilleras: creación de ilustracións con tecido e fío

A cargo de Bea Lema

Obradoiro de confección de ilustracións con tecidos compostos coma se fose un collage para crear unha escena.

Técnica xurdida en Chile durante a ditadura militar e as pezas resultantes se chaman arpilleras.

Estas obras eran realizadas por grupos de mulleres que plasmaban no seu traballo, a modo de comunicación e denuncia, sobre temáticas sociais durante a ditadura.

Esta forma de expresión estendeuse a outros países de América Latina como Perú, Ecuador ou Colombia.

No inspiraremos nas arpilleras populares para realizar o noso propio deseño. Empezaremos creando a ilustración que posteriormente será trasladada á tea. A partir dese momento escolleremos os apliques a utilizar, para rematar bordando pequenos detalles. No proceso aprenderemos diferentes tipos de puntadas e técnicas para crear a nosa arpillera.

Para nenos/as de 6 a 12 anos (15 prazas)

Duración: 2 horas

Horario: 12:00 h.

Ludoteca

Inscrición previa desde o luns anterior na sala infantil ou no teléfono 982828329

 

Máis eventos de tipo Obradoiro

Xogando coas letras - mércores 21
21 de xaneiro
Biblioteca Pública de Ourense
Desenvolvemento da creatividade a través do debuxo
23 de xaneiro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Obradoiro ilustrado con Sabela Gago
24 de xaneiro
Biblioteca Pública de Ourense
Xogando coas letras - mércores 28
28 de xaneiro
Biblioteca Pública de Ourense