Evento: Ciencias malabarísticas
Ciencias malabarísticas
Ciencias malabarísticas
Espectáculo de novo circo a cargo de Fraga dos Mouros.
Ensaio e erro, a ciencia é asumir a ignorancia. Unha proposta sobre o método científico onde só a experiencia dá o saber, nunha viaxe infinita cara o horizonte da sabedoría. Con xogos pedagóxicos e coa participación do público.
Un profesor de ciencias algo torpe e despistado nun desafío constante contra a gravidade, constrúe un universo a través dos lanzamentos dos malabares, onde as matemáticas dixitan as leis do movemento.
Un espectáculo didáctico en torno á arte dos malabares nunha aventura educativa, porque:
“Ter vontade de aprender é o elixir da eterna xuventude”.
Actividade aberta a todos os públicos.
Duración: 60 minutos
Horario: 12:00-13:00 horas
Espazo: Edificio multiúsos (Leirado, Quintela de Leirado)



