Evento: Animaliños. Ramiro Neira

Animaliños. Ramiro Neira
xoves, 18 decembro, 2025 - 17:30 a 18:15
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel,
Vigo

Animaliños. Ramiro Neira

Dúas sesións: 17:30 e 18:15 h.

Animaliños é unha peza de narración oral que conta e dramatiza contos da tradición oral de todo o mundo.

Contos de Venezuela, de Kenya, de Rusia... A través das historias que imos contar, queremos que o público, axudado pola súa imaxinación, abandone a cidade e viaxe ao bosque, á selva...

Imos coñecer á Gata Kisha, a unha tartaruga moi intelixente, unha urraca moi golosa e a un coello e un papagaio que teñen unha granxa.

Idade: de 0 a 3 anos.

Duración: 30 minutos.

Inscrición previa na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 a mesma semana da actividade.

 

Máis eventos do ciclo A biblioteca dos pequenos

A viaxe de Nano. Raquel Queizás
4 de decembro
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel - Vigo - Pontevedra
Contos de re-chupete. Marisa Irimia
8 de xaneiro
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel - Vigo - Pontevedra