Evento: O verme comellón
O verme comellón
venres, 16 xaneiro, 2026 - 18:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés,
A Coruña O verme comellón
A cargo de Ana Carreira
Unha noite, sobre unha folla iluminada pola lúa, había un ovo.
Unha mañá ao levantarse o sol, cálido e resplandecente, saíu do ovo un verme con moita, moita, moitísima fame. E púxose a buscar que comer.
Público infantil de 0 a 3 anos con persoa adulta acompañante
Lugar: Bebeteca
Duración: 30 minutos
15 prazas
Inscrición previa a partir do 8 de xaneiro a través do formulario da nosa páxina web. Recibe o aviso a través do boletín de novas.
As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición. No caso de ser seleccionado/a a biblioteca poñerase en contacto con vostede por correo electrónico uns días antes da actividade.
Ligazóns



