Evento: A pluma viva de Rosalía
A pluma viva de Rosalía
Pechamos a programación de actividades para conmemorar o Día da Edición, co espectáculo “A pluma viva de Rosalía” da man de Os Quinquilláns. Baseado nun feito real de censura á obra de Rosalía de Castro acontecido en 1864, cando a Imprenta de Soto e Freire de Lugo foi destrozada por 200 seminaristas que se opoñían á publicación dun artigo de Rosalía titulado “El Codio“.
Rosalía de Castro visita por sorpresa a imprenta de Soto e Freire. Catro textos brillantes, retranqueiros e satíricos da escritora están a punto de seren publicados, mais nas oficinas da imprenta acaba de acontecer un conflito moi violento e Rosalía vai descubrir que todo ten que ver con ela e a súa obra...
Espectáculo destinado a público adulto.
No salón de actos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.



