Evento: Obradoiro de bordado fotográfico en papel

Obradoiro de bordado fotográfico en papel
mércores, 17 decembro, 2025 - 17:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Obradoiro de bordado fotográfico en papel

Lúa Mosquetera

Celebramos o Día da edición, que conmemora o aniversario do nacemento de Ánxel Casal, con este obradoiro da man de Lúa Mosquetera, creadora dun clube de bordado na Coruña e doutro en Compostela dende o ano 2016. 

O bordado fotográfico axúdanos a reformular o pasado e xogar co presente. Neste obradoiro aprenderemos distintas puntadas de bordado sobre papel fotográfico e  veremos as posibilidades creativas dos retratos e as paisaxes.
Non fai falla ningunha experiencia previa e todos os materiais están incluidos! 

Dirixido a público adulto. Hai 15 prazas dispoñibles. As persoas interesadas poden retirar a invitación no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade. 

No salón de actos. A duración aproximada é de 2 horas e 30 minutos.

Máis eventos de tipo Obradoiro

Obradoiros Mes da Cienccia
5 de novembro a 26 de novembro
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Xogando coas Letras - mércores 26
26 de novembro
Biblioteca Pública de Ourense
Obradoiro infantil de Astronomía
27 de novembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Observación do ceo nocturno con telescopio
27 de novembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal