Evento: Ex libris: estampa os teus libros
Ex libris: estampa os teus libros
luns, 15 decembro, 2025 - 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela Ex libris: estampa os teus libros
Árbore azul
Celebramos o Día da Edición - 17 de decembro - co obradoiro “Ex libris: estampa os teus libros” da man de Árbore azul.
Crearemos os nosos ex libris para marcar os nosos libros. Con gubias e pranchas de vinilo elaboraremos un ex libris irrepetible a partir de modelos ou deixando voar a nosa imaxinación.
Dirixido a persoas a partir de 16 anos de idade. Hai 20 prazas dispoñibles. As persoas interesadas poden recoller a entrada no mostrador de información dende 30 minutos antes do comezo da actividade.
No salón de actos da biblioteca. A duración aproximada do obradoiro é de 2 horas.



