Evento: Arqueoloxía do pequeno, arqueoloxía do invisible

Arqueoloxía do pequeno, arqueoloxía do invisible
martes, 2 decembro, 2025 - 19:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Arqueoloxía do pequeno, arqueoloxía do invisible

Charla de Carlos Otero Vilariño

Carlos Otero Vilariño, técnico de investigación do Instituto de Ciencias do Patrimonio (CSIC) falaranos das novas tecnoloxías que permiten aos arqueólogos e arqueólogas descubrir cousas novas e inesperadas que permanecían invisibles.

Coa teledetección ou as prospeccións xeofísicas podemos estudar os xacementos sen necesidade de escavalos, e cubrir grandes áreas en pouco tempo; deste xeito algúns xacementos amosan unha extensión e complexidade sorprendentes. Outras técnicas de laboratorio achéganse aos obxectos arqueolóxicos cun grao de detalle que permite saber máis que nunca como foi a súa vida nas mans das nosas antergas e antergos.

Nesta ocasión, faremos un percorrido por diferentes lugares e obxectos arqueolóxicos de Galicia que agora entendemos mellor grazas ás novas tecnoloxías. Pero canto máis sabemos deles, máis preguntas nos abrollan…

No salón de actos da biblioteca. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Curso de primavera no Museo de Belas Artes da Coruña
Os temas da arte: Heroes e heroínas da mitoloxía clásica
7 de abril a 26 de maio
Museo de Belas Artes
Presentación do libro "1140"
23 de abril
Biblioteca Pública de Lugo
BibliotecArte: "Noctámbulos / Nightwalks" de Edward Hopper
6 de abril
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés