Evento: Marxes Fílmicas 2025. China

  • Ciclo de cinema no Museo Etnolóxico en Ribadavia
Marxes Fílmicas 2025. China
sábado, 8 novembro, 2025 a sábado, 29 novembro, 2025
Museo Etnolóxico de Ribadavia,
Ribadavia

Marxes Fílmicas 2025. China

Achegamento a outras realidades cinematográficas

En colaboración co Cineclube Padre Feijoo, con quen se iniciou en 2012 este ciclo, continúa xa coa súa décimo cuarta edición, mirando este ano cara a China. A selección realizada, busca un achegamento a outras realidades cinematográficas. Este ano, as Marxes fílmicas 2025 celebran a coincidencia coa exposición actual “Made in China”, que pode visitarse no Museo etnolóxico.

As proxeccións serán coa entrada de balde ata completar o aforo.

Os filmes que se proxectarán son os seguintes:

- 8 de novembro: YING XIONG / HERO. Zhang Yimou | China | 2002 | 99 min | Cor | +13 | VOSE

- 15 de novembro: KEKEXILI / A PATRULLA DA MONTAÑA. Lu Chuan | China | 2004 | 85 min | Cor | +12 | VOSE

- 22 de novembro: JIA TING JIAN SHI / BREVE HISTORIA DUNHA FAMILIA. Jianjie Lin | China | 2024 | 99 min | Cor | +12 | VOSE

- 29 de novembro: AN UNFINISHED FILM / UNHA PELÍCULA INACABADA. Lou Ye | China | Singapur | 2024 | 106 min | Cor | +12 | VOSE

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Casablanca
7 de abril
Filmoteca de Galicia
Atención a esa prostituta tan querida
7 de abril
Filmoteca de Galicia
Atención a esa prostituta tan querida
8 de abril
Filmoteca de Galicia
Ciclo de cine de primavera no Museo de BBAA da Coruña
Museos de cine
8 de abril a 29 de abril
Museo de Belas Artes