Evento: Obradoiro de calcetíns de Nadal e saquiños de tea
Obradoiro de calcetíns de Nadal e saquiños de tea
mércores, 10 decembro, 2025 - 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela Obradoiro de calcetíns de Nadal e saquiños de tea
O Faiado de Nin
Obradoiro no que as pequenas e pequenos farán deseños personalizados de modelos diferentes de calcetíns de Nadal (de feltro vermello ou arpilleira) ou de saquiños de tea de arpilleira e poderán decoralos con rotuladores téxtiles, feltros, apliques, cascabeis e cintas, quedando modelos moi diferentes e orixinais segundo o gusto de cada un.
Dirixido a nenas e nenos de 6 a 12 anos. Hai 12 prazas.
Na sala infantil da biblioteca.
As persoas interesadas poden recoller a entrada no mostrador de información dende 30 min antes do comezo da actividade.



