Evento: Os carteis de cego na obra de Isaac Díaz Pardo

Os carteis de cego na obra de Isaac Díaz Pardo
sábado, 22 novembro, 2025 - 19:00
Museo de Belas Artes,
A Coruña

Os carteis de cego na obra de Isaac Díaz Pardo

Espectáculo teatral

Os cegos cantores eran personaxes populares que ben seguro Isaac Díaz Pardo puido ver e escoitar nas distintas feiras galegas. Estes músicos ambulantes amenizaban os días de mercado cantando romantes e axudábanse de ilustracións para situar ao público na historia.

Díaz Pardo rendeulles homenaxe nos seus carteis de cego Paco Pixiñas, a Nave Espacial ou o Marqués de Sargadelos, expostos na mostra A Barca de Caronte. A travesía vital de Isaac Díaz Pardo.

O que non moita xente sabe é que as historias que narran estes carteis foron concebidas acompañadas por composicións musicais de Ramiro Cartelle e Isidro B. Maiztegui e que no seu momento interpretaba un cego mecánico deseñado e construido polo artista homenaxeado.

No marco da exposición temporal, as historias de Xan e Manuela -protagonistas da Nave Espacial-, Paco Pixiñas ou o Marqués de Sargadelos cobrarán vida de novo nun concerto teatral creado exclusivamente para darlle banda sonora a esta exposición.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Imaxe
Hocus Pocus
2 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Odiseicas: as que tecen a historia
11 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Do reino (e) dos amores proscritos
14 de maio
Auditorio Municipal Gustavo Freire